martes, 29 de noviembre de 2016

Uso e abuso das redes sociais

Pablo Casas, Silvia Iglesia | Santiago de Compostela

 É imposible negar a  influencia das redes sociais no mundo actual e no noso día a día. En maior ou menor medida , todos mudamos un pouco o noso xeito de vida ca súa chegada.  Existen diferentes graos, dende o que non pode vivir sen transmitir en todo momento o que está a facer ata o que non volveu mercar un xornal  e só se  informa mediante Facebook ou Twitter. Porque as redes sociais tamén mudaron, e moito,  o modo de chegar ós públicos dos medios de comunicación,  e dos cibermedios en maior medida.  Dende a súa creación convertéronse nunha parte indispensable para estes medios, xa que os usuarios accedemos a información a través delas e incluso en ocasións usámolas para obter a información completa.

Durante a visita á sede da TVG puidemos  escoitar a  Carlos Verdugo, responsable de actualización do medio web e encargado, xunto co seu equipo de administrar  as redes sociais da CRTVG.  Comentou que a comunicación neste eido é bastante ríxida, moi profesional e baseada en dous items básicos, Twitter úsano para relatar feitos e Facebook para desenvolver historias. Baixo estes preceptos non hai lugar para a innovación ou para saírse do establecido.  Con motivo das eleccións americanas, que se desenvolveron durante  a madrugada dun martes  hora española decidiron rachar con esta política de comunicación tan seria e institucional e usar gifs divertidos para enlazar cas noticias. Sabendo que non eran un medio referencia decidiron probar algo diferente, algo para chamar a atención.


Xurdiu así un debate sobre como debería ser o uso das redes sociais por parte dos medios. Por unha parte é innegable que afastándose do establecido e sendo divertidos  gañan en viralidade e poden chegar a máis xente. Aparece aquí a disxuntiva xa que, pola contra, os usuarios poden percibilo como unha falta de profesionalidade, sobre todo vindo dun medio público. Non tería por que ser así. Os medios non deben concebir as redes coma algo tan ríxido se non que se deben adaptarse máis os gustos e os intereses dos seus usuarios. Ademais, un feito destacable é que a información segue a ser igual, rigurosa e de calidade, só cambiaría o xeito de dala a coñecer.  Non se debe caer no abuso, por outra parte, das bromas e contidos humorísticos fronte a desgracias ou noticias moi serias. A busca da viralidade pola viralidade e a ditadura dos clicks están en auxe nos medios webs.  Pódense apreciar en moitas ocasións nas redes sociais cebos que conteñen información premeditadamente esaxerada ou directamente falsa co fin de atraer usuarios ó teu sitio web. Cómpre evitar esas actuacións pero á vez,  fuxir dos encorsetamentos  das redes sociais, a innovación  e a interacción son xeitos de diferenciarse da competencia.  Porque cas redes sociais, é necesario o seu uso para diferenciarse sen caer no abuso.

lunes, 28 de noviembre de 2016

Unha historia da TVG

Pasillos da TVG, onde se recollen anacos da súa historia | Fotografía: Carmen Fernández

Carmen Fernández, Roberto Fumega | Santiago de Compostela

A véspera do día de Galicia do 1985, a Televisión de Galicia facía a súa primeira emisión dende San Marcos. Dous meses despois comezaría a súa programación de xeito regular, cun total de 39 horas de emisión semanais.

É salientable o feito de que fose a TVG a primeira canle de carácter autonómico do territorio español que emitise regularmente vía satélite o seu programa “Galeguidade” a finais de decembro do 1994. Ese mesmo ano, un mes antes, emitía a través de fibra óptica imaxes do IV Salón da Enerxía e Desenvolvemento Rural, dende Silleda.

No 1995 emitiron por vez primeira co sistema NICAM-Dual-Estéreo para toda galicia, así como o primeiro teletexto en galego dando comezo as súas emisións regulares a finais de ano. No 1996 realizaron a gravación dun programa en formato Pal Plus sobre o Torneo Campión de Campións de squash en Santiago de Compostela. Ese mesmo ano, a TVG batería a súa marca de audiencia coa transmisión do clásico Real Madrid vs Barcelona, cun total de 745.000 espectadores. De igual xeito, no 1996 iniciaron as emisións vía satélite a América.

O 1997 sería un ano de grande innovación tecnolóxica para a TVG, iniciando o seu funcionamento en probas do novo control central robotizado, emisións regulares vía Internet, o día das Letras Galegas, sendo a primeira cadea de Europa e a sétima no mundo en ofertar ditos servizos. De igual xeito, estrearía a súa primeira mediametraxe, unha adaptación da obra de Ánxel Fole “O Tesouro”.  Tamén sería o ano no que a TVG comezou as súas emisións pola plataforma Via Digital.

As emisións para Europa en dixital comezaron no 1998 a través de satélite, realizando a primeira conexión por medio dunha unidade móbil propia dende a Expo de Lisboa. Ó ano seguinte, no 1999, cambiaría a súa imaxe corporativa e entraría en funcionamento o seu novo enderezo electrónico www.tvg.es.

Logo dun pequeno parón en 2001, a TVG continuaría as súas emisións para Europa vía satélite, e sería no 2002 cando asina con Panasonic un acordo no que se incluiría o subministro de máis de 200 equipos DVCPRO50 e unha rede de servidor con estacións non liñais para informativos. Ó ano seguinte, amplía a súa oferta audiovisual, presentando o Plano de Cine, TV Movies, Series e Programas para Televisión de Galicia SA, baixo concurso público, sendo a única en España que leva a cabo este tipo de iniciativas sobre produtos audiovisuais.
Sala onde se controlan as emisións da TVG | Fotografía: Carmen Fernández

En 2004 pon en marcha a automatización do seu estudo de continuidade e no 2005 o Luar supera as 500 emisións. Nese mesmo ano estréase a serie Libro de Familia, que se converteu nun grandes éxitos da TVG.

En outubro de 2006 estrea A Casa 1906, o primeiro programa de telerrealidade feito na TVG. Un ano despois pon en marcha agalega.info, páxina desde a cal o usuario podía acceder ás noticias e a todo o que se emitía dende a canle. Padre Casares lanzouse con éxito en 2008, e nese mesmo ano o espazo semanal de información agraria Labranza chega aos 1000 programas en antena.

A segunda canle da TVG, G2, inaugúrase o 2 de febreiro de 2009. Tamén nese ano a TVG estrea Matalobos, serie de grande éxito. Por primeira vez na súa historia realiza a transmisión da temporada da Champions League. O 6 de novembro de 2010, TVG e Radio Galega realizaron o maior despregamento da súa historia para ofrecer a visita do Papa Bieito XVI a Santiago. Coa retransmisión de este evento chegouse a niveis do 52% de cota de pantalla.

En 2011 a TVG intervén na 29 Conferencia Anual de Circom, celebrada en Romanía. Circom é un organismo internacional que reúne a televisión rexionais públicas de toda Europa. Ese mismo ano, a CRTVG adhírese ao Pacto Mundial de Nacións Unidas para a Responsabilidade Social Corporativa.
Recolle en Suecia, en 2012, o premio á Mellor Ficción Europea pola serie Matalobos. É o recoñecemento máis importante recibido na súa historia.

En outubro de 2013 estréase O Faro. É a primeira ficción relaizada conxuntamente polas televisión autonómicas (as 11 agrupadas en Forta áis Canal Extremadura). Nese ano a TVG organiza a 31 Conferencia Anual Circom en Santiago. En 2014, a CRTV recibe o premio Pioneiros.es recoñecendo a súa presenza na rede coma precursor. A Academia española de Televisión tamén galardoa á TVG na categoría de Mellor Informativo Autonómico pola cobertura do accidente de Angrois.


Na actualidade, a CRTVG ten moita presenza en Internet. Está en Facebook, Twitter e a súa páxina web acaba de ser mellorada para adaptarse ás esixencias da súa audiencia. A medida que pasan os anos, a TVG vaise adaptando a cada época.

domingo, 27 de noviembre de 2016

Dende a USC, tolerancia cero coa violencia de xénero

Redacción | Santiago de Compostela
Como xa demostraban os escaparates tinguidos de negro, Santiago de Compostela comprometeuse un ano máis coa loita contra a violencia de xénero. A USC uniuse a esta iniciativa cun acto conmemorativo o 25 de novembro, Día internacional para a Eliminación da Violencia Machista.
Algúns dos gañadores da cita, en San Xerome
A cita estivo marcada pola entrega de diversos premios relacionados coa figura da muller, comenzando polos Ruth Matilda Anderson, galardones de fotografía conseguidos por estudantes coma Uxía Vázquez (1º Premio, co traballo “Esta loita tamén é túa”). Os afamados Premios á Introducción da Perspectiva de Xénero foron os seguintes, sen defraudar a aqueles que dende o Instituto Europeo para a Igualdade de Xénero os consideran como unha das dez mellores prácticas de igualdade en centros universitarios. As gañadoras, María Pilar Freire Esparís e María Xosé Agra Romero, nos primeiros postos.
Por último, a entrega dos premios do III Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero, cunha enorme acollida polo estudantado dos dous campus da universidade, que precedeu á lectura do Manifesto de rexeitamento á violencia machista por Fernando Lino Vázquez González, da área de saúde mental, en representación de toda a Universidade.


lunes, 21 de noviembre de 2016

Miss Caffeína y Second, cómplices de Mahou en Compostela

Aida González | Santiago de Compostela
A la sala Malatesta se llega a través de un laberinto de callejones que atraviesan el Campus Sur en su límite con Galeras. Menos conocida que Capitol o Sónar, sólo el despliegue de luces que ha dispuesto Mahou a sus puertas nos puede ayudar a identificarla un viernes a las nueve de la noche. Habitual de otros géneros como pueda ser el rap, Malatesta abre la noche con una propuesta diferente. Siguiendo la estela iniciada hace casi una década por Estrella Galicia con los directos de SON EG, la cervecera madrileña brinda a diferentes artistas del panorama indie nacional la oportunidad de darse a conocer en pequeños conciertos de sala. En este caso, el evento transcurre a dos bandas, de la mano de Miss Caffeína y Second.
Nada más entrar, una azafata recibe al visitante animándole a participar en una especie de fotomatón de karaoke, que posteriormente se podrá ver en la página web del evento. Un fotógrafo nos saca una instantánea que acabará en Instagram, metafoto mediante. Nos animan a dejar nuestros abrigos en el ropero gratis y, acabado el proceso, un relaciones públicas nos busca acomodo en algún lugar de la sala, donde un amable camarero nos pregunta si queremos tomar algo. Qué duda cabe de que Mahou tiene todo medido al detalle. Jugando como visitante en casa (fogar) de Estrella Galicia, su evento busca distinguirse lo máximo posible de los diseñados por los publicistas de Hijos de Rivera. Un ambiente de salón, complicidad y confianza va tomando forma a lo largo y ancho de la sala a medida que esta empieza a llenarse.
David Amor sale a la palestra como maestro de ceremonias. Lleva un chaleco que le queda pequeño y con ese corte de pelo parece Melendi. En su línea cómica habitual, va explicando al respetable cómo es que se desarrollará la sesión, que durará aproximadamente dos horas. En primer lugar, tocará Second, y, después, Miss Caffeína. Aunque en teoría aquí nadie es telonero de nadie, la distinción entre el reconocimiento de los segundos y el anonimato de los primeros queda patente desde el primer momento. Se nota en el ambiente, que va in crescendo a lo largo de la sesión, pero también en los brazos cruzados de muchos durante la primera de las actuaciones.
Con todo, la actuación de Second resulta más que correcta. La potente voz de Sean, el vocalista, invade la sala y se adapta al ambiente de intimidad deseado por los diseñadores del evento. Busca miradas, las capta, no pierde detalle de lo que sucede frente a sí mientras está cantando. Como él mismo dice en un momento del concierto, es probable que pocos estén aquí para verle a él. Con todo, siempre es bonito llevarse la sorpresa de conocer a un grupo en el terreno que no engaña, el directo. Y, en directo, Second conquista. Todas sus canciones suenan casi iguales, pero también las de Fito y ahora sienta cátedra. El cantante se entrega por completo, consiguiendo recuperar un show que de entrada parecía robado.

En la última canción de Second, "Rincón exquisito", Alberto Caffeína hace entrada en escena. Un atril con la letra de la pieza sobre el escenario, al que recurre constantemente, le delata. No será así cuando Sean Frutos le dé la réplica a la hora de interpretar su archiconocida "Venimos". En todo caso, ambos destacan el honor de coincidir juntos en esta gira y el placer de poder visitar Galicia. De este modo, un grupo da paso a otro y, a lo largo de la grada, se desata la locura. No vamos a engañarnos, la mayoría está aquí por lo que está, y eso se nota.

El directo de Miss Caffeína es enérgico e intenso... Como pueda ser el de Izal, el de los desafortunados Supersubmarina, el de Dorian o el de todo aquel que decidiese dedicarse al indie en español después de que Love of Lesbian y Vetusta Morla abriesen la caja de los truenos. Si bien estos dos últimos, omnipresentas hasta la saciedad, han logrado labrarse una identidad a través de sus ritmos trabajados y letras pedantes, lo cierto es que entre el resto no se aprecia un factor diferencial. Es quizás Alberto, el carismático cantante de pelo decolorado, el que marca la distinción y enciende la chispa de una banda que lleva cosechado muchas alegrías a lo largo de los últimos dos años.
Tras el segundo de los directos, David Amor vuelve a escena para moderar un coloquio entre bandas y asistentes. Preguntas en broma, alguna que otra más seria y una cierta complicidad entre ambos cantantes, que se confiesan hartos ya de contestar a la pregunta de con qué banda les gustaría coincidir sobre el escenario. Acabada la charla, todos los músicos se juntan para entonar el "Rebel, rebel" de Bowie. En la grada, hay quien confunde la música del principio con la de un single de Amaral, lo cual no deja de resultar gracioso. Y así, entre lucecillas de colores, muchas fotos profesionales, música y complicidad, acaba la noche en la sala Malatesta.

Castelao reaparece en Santiago da man de Miguel Seixas

M. Seixas nun momento da conferencia |Fotografía: Carmen Fernández


P.Casas, C. Fernández, R. Fumega | Santiago de Compostela

Na Rúa do Vilar a figura de Castelao volveu a estar presente. O historiados Miguel Anxo Seixas rememorou ante un auditorio cheo a súa figura, facendo especial fincapé no seu apartado coma artista, pero sen esquecer nada da súa historia persoal. Acompañando a súa charla con imaxes do artista e con anécdotas que marcaron a vida de Castelao, levou ao auditorio a recorrer da súa man a vida do galeguista.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao nace en Rianxo enchoupado dun ambiente mariñeiro e rural no 1886. Tendo en conta que a emigración é a epopea dos galegos, seu pai emigra á parte extrema da Pampa Arxentina sendo el moi novo. Así Castelao é educado en Rianxo pola súa nai e seus avós nun ambiente moi relixioso. Será nos seus primeiros anos de escola cando o eu artístico de Castelao comece a desenvolverse de xeito autodidacta.

Á idade de dez anos, o pequeno Castelao  vese forzado a deixar atrás o seu Rianxo para emigrar á Pampa onde seu pai era dono dun almacén. Alí atópase cun mundo completamente diferente ó que el coñecía: un mundo sen escola, sen relixión, no que el se integra e no que aprende a fumar e a tocar a guitarra.

Castelao sempre foi definido pola súa humanidade, característica que a piques estivo de arruinar o negocio paterno pois el era incapaz de cobrar a quen non tiña con que pagar.

Á volta en Galicia remata o bacharelato e matricúlase en medicina. Nos seus tempos libres, Castelao reúnese no Café Colón, onde el e os seus compañeiros establecen coloquios sobre cultura e arte. É neste punto onde Castelao comeza a gañar prestixio cos seus debuxos e esténdese a súa fama como caricaturista. Santiago de Compostela descóbrelle a Castelao dous sentimentos que poñen de manifesto a súa humanidade característica: o humor -representado nos seus debuxos- e a dor descuberta nas súas prácticas académicas.


 Miguel Seixas explicando ao auditorio unha das anécdotas de Castelao | Fotografía: Carmen Fernández


Logo de licenciarse, múdase a Madrid para rematar os seus estudios e facer o doutoramento, pero o gusto polo debuxo é demasiado forte e dedica gran parte do seu tempo a debuxar ilustracións para as revistas da capital. De volta en Rianxo, toma a medicina como profesión, moitas veces de xeito gratuíto, e continúa debuxando.

A estas alturas a fama de Castelao como ilustrador xa era algo patente e na primeira década do século XX comeza a tomar matices profesionais. A concepción da arte é unha rama que variou moito en Castelao, desenvolvendo diferentes teorías que a explicaban; dende a tríada arte – beleza – ben, ata a arte como arma defensiva.

No ano 1911 nunha conferencia en Vigo, ponse de manifesto a primeira teoría artística de Castelao. Para el, a arte non está na figura, o importante é capturar o interior, o de dentro.   Polo tanto busca caricaturizar  para obter o ser verdadeiro que está dentro das cousas e das persoas.  Segundo explicou Seixas, para Castealo as fotos non son quen de captar este interior.  Esta primeira teoría podería compararse ca teoría platónica xa que se sitúa á  arte como sinónimo de beleza. “A arte, a beleza e o ben significan o mesmo para o rianxeiro” manifestou Seixas.

Esta etapa coincide co seu traballo en “Cosas de la Vida”.  O historiador referiuse á historia do pai de Migueliño e  a do pai que quería un retrato idealizado do seu fillo moribundo coma algúns exemplos desta teoría artística do autor. Así, os debuxos representarían a perfección, a beleza absoluta.

Nesta época, Castelao adoece dunha enfermidade na vista que case o deixa cego. Comprende que as súas facultades para dedicarse á pintura e á medicina están moi limitadas. É por isto polo que decide optar a un posto dentro do funcionariado para sustentar á súa familia. Consegue un posto e destínano a Pontevedra, onde ingresa nas Irmandades da Fala no ano 1917.

No ano 1919, noutra conferencia sobre arte e galeguismo, aparece a segunda teoría de Castelao. Os trazos máis característicos desta nova tendencia serán a  herdanza romántica e a arte da paisaxística galega, que sempre foi a maior vocación do autor, por riba da literatura.  Tamén destaca por ser esta teoría máis interpretativa e subxectiva.  Seixas explica que “o obxectivo de Castelao nesta etapa é ilusionar á xente”.


Un dos debuxos de Castelao onde representa a icónica fouce | Fotografía: Carmen Fernández

Na terceira teoría artística, Castelao fai referencia a concepción dramática da arte. Segue mantendo a pegada romántica e aparece o artista posuído. A Castelao non lle interesa unha arte imitada, quere deixar a súa propia pegada.

Nos anos 20, sae á luz a Revista Nós, da que Castelao é deseñador principal da tipografía e da maqueta. Aquí Castelao comeza a publicar pequenos escritos acompañados por ilustracións ós que el chama “cousas”. Para o ano 22 Castelao xa é un caricaturista de referencia e consigue que o debuxo chegue o pobo, e pon no mapa os desamparados ou as mulleres, que non tiñan representación nos medios. A partir do 1923, a ditadura de Primo de Rivera xeraría diferenzas entre os pais do nacionalismo. Castelao decide non contaminarse dos seus ideais, como lle pasou a Vicente Risco.

Posteriormente, durante a II República, Castelao sae elixido deputado por Pontevedra e as súas novas obrigas farán que a actividade artística quede relegada á marxe. A gran teima de Castelao neste momento é impulsar o Estatuto de Autonomía, que se presenta un día antes de que o golpe militar que botaría abaixo a República se puxese en marcha. Con isto, o Goberno vaise a trasladar a Valencia e Castelao viaxa posteriormente a Moscova para establecer lazos cos soviéticos pois eran os únicos que apoiaban a causa republicana. Castelao xa non retornaría a Galicia.

Nos seguintes anos, Castelao viaxa polo continente americano, expoñendo e vendendo as súas obras para conseguir fondos e apoios á II República. Entre os países nos que Castelao deixou a súa pegada cóntanse os Estados Unidos ou Cuba. Ó chegar febreiro do 39 a guerra estaba perdida e Castelao pasará a se converter nun irregular. Non sen moitas dificultades consegue instalarse en Arxentina onde se dedica a actividade política en prol do galeguismo e da república. Morre no 1950, cando editan As Cruces de Pedra na Galiza, obra da que tan só podería ver impresas as primeiras páxinas.


Así pois, Castelao é un dos pais do nacionalismo galego e da súa iconografía. Unha iconografía galeguista que conseguiron idear as Irmandades da Fala. Iconas que hoxe consideramos propias, como a fouce, o dolmen ou os motivos celtas foron explotados e introducidos na nosa cultura por figuras como Castelao.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi moitas cousas: escritor, político, pintor, médico… Pero se algo conseguiu foi a través das súas artes, dos seus debuxos, que o pobo galego se vise reflectido a modo de ilustración e en tódolos seus estamentos, nun traballo artístico cun gran fondo político onde poñer de manifesto as inquedanzas e características de toda unha cultura.

lunes, 14 de noviembre de 2016

O “Panorama das iniciativas culturais galegas na rede” aportou aspectos positivos sobre a prensa galega


Fotografía. Carmen Fernández

Roberto Fumega | Santiago de Compostela

Nun novo ecosistema mediático propiciado polas novas tecnoloxías que irrompen e trocan as maneiras de facer prensa, é común preguntarse onde está o futuro do xornalismo galego, sobre todo logo do peche masivo de xornais no 2012. A prensa escrita adoece e o dixital non sempre é rendible.
Así as cousas, unha serie de coloquios informativos no Consello da Cultura Galega, dentro do programa do “Panorama das iniciativas culturais galegas na rede” celebrado o pasado martes 8, conseguiu botar un pouco de luz sobre o asunto. Poñentes de diferentes medios dixitais fixeron que as dúbidas sobre a rendibilidade do dixital se disipasen, presentando e explicando os seus propios proxectos.

Os xornalistas Xurxo Salgado (Galicia Confidencial), David Lombao (Praza Pública), Rocío Castro (Sermos Galiza) e David González (Campo Galego) fixeron a súa achega á causa xornalística.

Lombao leva traballando no seu xornal dixital, Praza Pública, dende o 2012. Inicialmente, a redacción estaba constituída por tres únicas persoas e unha rede pequena de xornalistas colaboradores. Hoxe é un dos abandeirados da prensa dixital galega. Praza finánciase a través da publicidade e do aporte monetario de socios máis un “apoio institucional xusto e necesario” como subliñou Lombao.

Sermos Galiza non aposta só polo dixital, pois tamén conta con versión impresa. Sermos nace no 2012 en base a un accionariado múltiple e aposta tanto pola rede como polo papel, nunha etapa na que o peche de xornais era o pan de cada día. Como afirmou Rocío Castro, “para financiar este tipo de medios é indispensable o micromecenado”. A base de Sermos é o seu compromiso coa lingua, algo que ten sido máis rendible noutros lugares como Cataluña.

Na falta de información dixital sobre o mundo agrogandeiro é onde viu David González, de Campo Galego, o seu nicho de mercado. Nada en 2015, trátase dunha iniciativa privada e non contan con axudas públicas. Os seus ingresos proceden nun 80% de publicidade de empresas do sector, e publican tanto en galego, pois é a lingua vehicular da maioría de gandeiros, e en castelán coa fin de abrir o seu mercado.

Dos catro medios, Galicia Confidencial é o máis antigo. Nace en 2003 como un blog persoal no que Xurxo Salgado vai baleirando de xeito anónimo opinións de índole política. En 2009 configúrase como xornal e tres anos despois adquire categoría profesional. O financiamento de GC é posible a través de publicidade tanto empresarial como institucional. Como afirma Xurxo Salgado, chega un momento na vida de todo medio no que hai que plantexarse o “petar nas portas”, pois é a única maneira de facer sostible un xornal dixital.


Por medio destas iniciativas constátase que facer xornalismo dixital en Galicia é posible, pois a tecnoloxía oferta un amplo abano de oportunidades. Pero non todo pode basearse niso. O máis importante é ser consecuentes e comprometidos, tendo a vocación xornalística como piar base. O que García Márquez chamaría “o mellor oficio do mundo”.

domingo, 13 de noviembre de 2016

Llamando a las puertas del cielo

Aida González | Santiago de Compostela
Los modernos lo llamarían gentrificación. Le ha pasado a Kreuzberg y Neukölln en Berlín, a Camden Town en Londres, a Malasaña en Madrid y a Montmaitre en París. Un barrio más o menos periférico, de los de toda la vida, que con los años había perdido reputación y que, de repente, resurge gracias a los jóvenes que alquilan pisos y colocan banderitas de colores en las ventanas, mientras se abren nuevos negocios con vistosos carteles y un millón de macetas puebla cada balcón. Panaderías, librerías, restaurantes. Ferias populares, artistas en las calles. Entre lo bohemio y lo hipster cabe todo un abanico de adjetivos para calificarlo. San Pedro, en Compostela, no cuenta en su historia con el rodaje de un hito del cine indie como Amélie, ni es hogar de rockeros universales. Aquí no ha vivido ni muerto Amy Winehouse, ni se han empezado a albergar todos los pre-parados extranjeros en el exilio. Pero, sin embargo, cumple con todos los requisitos para considerarse un barrio renacido de sus cenizas (llámenlo gentrificado, si lo prefieren) que ha sabido reinventarse en el corazón de una ciudad Patrimonio de la Humanidad, con otras zonas espectaculares y un funcionamiento un tanto peculiar.
uchas veces, es complicado encontrar a gente que se presente como “de aquí, de Santiago”. Tal parece que los autóctonos estuviesen jugando al escondite entre los restos de la cripta del Apóstol. Lo que se encuentra, a primera vista, son funcionarios, estudiantes y turistas. Y la ciudad ya parece haberse adaptado a ellos. A los funcionarios se les destina a la zona norte, por el entorno de la estación de autobuses, el gran centro comercial y los nuevos y gigantes edificios de Salgueiriños. Como mucho, hacia la zona de Fontiñas. Para los estudiantes está el ensanche, con sus pisos equipados de completísimos sistemas de calefacción a base de butano, sus ventanas de papel y toda una colección de humedades a las que cada inquilino pone un nuevo nombre. Y para los turistas, la zona vieja, donde pueden disfrutar de su deporte favorito: trazar con sus absurdos chubasqueros de plástico el skyline de la Rúa do Franco.En San Pedro hay sitio para todos ellos, pero con una diferencia crucial: a diferencia de las urbanizaciones, del infame ensanche y de la masificación turística, San Pedro sigue siendo de los de aquí. De aquí, de Santiago.
Definía en una ocasión Margarita Ledo el claustro de Bonaval como un claustro abierto y ciudadano, como deberían ser todos los claustros del mundo. En este sentido, el barrio de San Pedro hace honor a su tesoro arquitectónico. Desde hace alrededor de treinta años, el asamblearismo es la mecánica habitual entre estas calles. La resistencia vecinal ante las excusas del ayuntamiento a la hora de proveer de suministro eléctrico la última Feira da Primavera dan buena cuenta de ello. Existen dos asociaciones vecinales, A Xuntanza y Amigos do barrio de San Pedro, así como una destacada asociación cultural, A Trisca. El barrio cuenta, además, con un centro cultural y fiestas propias. También tiene dos museos, el Museo do Pobo Galego y el CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo), además de dos conventos con sus correspondientes y enormes parques, Bonaval y Precisamente a los conventos se remontan los orígenes de este barrio. Entrada a Santiago por el camino Francés, gran parte de San Pedro fue edificada por la Orden de San Martín Pinario y por la Cofradía del Santísimo Sacramento de San Cayetano. De ahí los escudos que coronan las casas más antiguas: un pino bajo las letras S.M en el primero de los casos o un cáliz del que emerge una hostia con las siglas S.C. en el segundo. Bonaval y Belvís llegarían durante los siglos XII y XIII, de la mano de los Dominicos. Cruces de Calatrava, conchas de vieira y cruces de Malta pueden informar a los más curiosos del origen del resto de los edificios.
Según fuentes municipales, la población extranjera de Santiago supone el 4´5% de sus más de noventa mil empadronados, y el 23% de este grupo reside concentrado entre los barrios de San Pedro y Fontiñas. La diversidad en este espacio es, por tanto, evidente. Y es de aquí de donde surge el llamado proyecto Barrios Abertos, impulsado por el Concello junto con la ONGd Asemblea de Cooperación por la Paz. Se trata de un proyecto de integración, impulsado por el propio Concello con ayuda de fondos europeos y del Ministerio de Empleo y Servicios Sociales, que pretende acercar a los vecinos los beneficios de la integración e interacción de culturas diversas. Próximamente, se prevé que un nuevo proyecto extienda la labor integradora hacia la tercera edad, pretendiendo fomentar presencia activa en el barrio.

El influjo de lo hipster en la economía y en el resurgir interno de los barrios fue mencionado por primera vez por Sarah Kendzior, en un artículo para Al Jazeera titulado “The peril of hipstereconomics: When urban decay becomes a set piece to be remodelled or romanticised”. Todo comienza con una regeneración urbana, mediante la cual un barrio con problemáticas sociales (desempleo, absentismo escolar, falta de oportunidades….) se impulsa horizontalmente, perdiendo su connotación clasista o racista y cobrando un nuevo matiz de dinamismo. A lo largo de todo el proceso, el artista se mantiene al servicio de este fenómeno, ayudando con su actuación a perpetuar esta nueva identidad. Este tipo de procesos, iniciados con el ejemplo de determinados barrios de Philadelphia, se han ido extendiendo por todo el mundo, tomando un papel crucial en el nuevo desarrollo urbano de la vieja Europa.
En definitiva, San Pedro. Con sus calles do Medio y da Angustia, su cruceiro y sus adoquines, que no ocultan arena de playa porque tampoco lo necesitan. Tradición y modernidad recorriendo de la mano las aceras, parándose en los escaparates y saludando a las mujeres que esperan a la puerta de misa. En cada esquina, un amigo. Días de lluvia y puestas de sol. Sí, de aquí, de Santiago. Como la vida misma.