Irea Lareu, María Iglesias e Carla Mañas | Santiago de Compostela
A despoboación das aldeas galegas e o aumento de habitantes nas grandes cidades é, desde os anos noventa, a rutina dos anciáns que ven desaparecer as novas xeracións cambiando os hórreos por edificios no centro. As aldeas convertíanse en lugares de paso para vacacións e pontes, pero quedaban baleiras no resto do ano.
A despoboación das aldeas galegas e o aumento de habitantes nas grandes cidades é, desde os anos noventa, a rutina dos anciáns que ven desaparecer as novas xeracións cambiando os hórreos por edificios no centro. As aldeas convertíanse en lugares de paso para vacacións e pontes, pero quedaban baleiras no resto do ano.
Santiago de Compostela foi unha desas cidades que acabaron por absorber as localidades cercanas, que nun primeiro momento experimentaron un paso de rural a residencial, ao recoller a todos aqueles que traballaban na cidade pero mantiñan a súa vivenda no extrarradio. Un exemplo claro é o de Milladoiro, en Ames, Bertamiráns ou Teo.
Pero a crise pinchou a burbulla do emprego en Santiago, botando por terra a demanda de vivenda nos seus arredores. Así, as comarcas xa nomeadas, que vivían unha velocidade de crecemento nunca vista, estancaron as súas cifras.
Pero, segundo os datos do INE (Instituto Nacional de Estadística). Ames é o único concello do cinturón de Santiago que resiste á caída, aumentando en máis de 2000 habitantes no último lustro, e 15000 novos dende 1996.
"Estas cifras tan positivas non só son favorables para o ambiente social do concello, senón tamén para a súa economía" conta Mª Isabel González Cancela, Conselleira de Promoción económica de Ames. O fomento dos transportes a Santiago (máis horarios, enlaces...) é o seguinte obxectivo para convertir a Ames "nun lugar para quedarse".
“Un dos principais atractivos é que está a cinco minutos da cidade e tes moita comodidade, hai establecementos de todo tipo”, asegura Laura Torres, unha veciña de Ames de 21 anos. A cercanía con Santiago de Compostela é un dos factores que explican por qué aumenta a súa poboación, así como o trato directo: “ non hai aglomeracións,o trato é familiar nas tendas e cabe decir que existen moitas zonas verdes”.
Os xóvenes son moi importantes para Ames. Conságrase como un dos concellos de poboación menos envellecida da provincia de A Coruña, con máis da metade dos censados menores de 40 anos. O rango de idade máis numeroso de Ames atópase entre os 20 e 39 anos, moi seguido das cifras entre os 40 e 60. A partir dos 61 anos a cifra comeza a descender, polo que o municipio logra colocarse non só como un dos concellos que máis medra en Galicia, senón tamén como un dos máis xóvenes. Tamén, segundo recollen os datos aportados polo Instituto Nacional de Estádistica, en Ames viven máis mulleres que homes.
Este concello ofrece numerosas oportunidades que facilitan a vida da poboación buscando sempre a mellora. A venta de vivenda nova e de calidade a bo prezo, é un pulo económico que favorece a zona e repercute directamente no municipio. Por outra banda, promóvese a creación de bolsas de traballo de oficiais de albaneis, oficiais xardineiros e animadores á lectura, feito que trata de incorporar a todos aqueles interesados en mellorar dentro e fóra do seu ámbito.
Polo que atinxe ao coidado da natureza, dende o Concello impúlsanse plans de recuperación dos camiños tradicionais e de novas rutas e apostase pola reciclaxe. Asimesmo, creouse a Aula da Natureza, un espazo que realiza diversas actividades para favorecer a sensiblización hacia o coidado do medio e o fomento do coñecemento sobre usos tradicionais.
A sensibilización en canto a animais abandoados é unha das principais preocupacións, tendo operativo un protocolo de actuación. Entroncado con isto, estase levando a cabo unha campaña chamada “E ti de quen ves sendo?", a cal pretende fomentar a inscripción de mascotas no censo municipal do concello. Son moitas as características que fan de Ames un destino idóneo para ter en conta a hora de escoller un lugar onde emprender unha vida familiar.
Ese é o caso de Ismael Bernárdez (36 anos), que vive coa súa familia en Ames "Antes, Ames era o que chamaban unha 'cidade dormitorio', onde os que traballamos en Santiago só nos pasabamos para durmir. Pero agora, que teño unha familia, Ames é moito mellor opción para vivir. Os prezos son moito máis baratos e as escolas para os nenos non están nada mal."
No hay comentarios:
Publicar un comentario