Mostrando entradas con la etiqueta turismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta turismo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de octubre de 2016

O Santiago(é)Tapas volve na súa IX edición

Silvia Iglesia, Lidia Lareo | Santiago de Compostela

O certame gastronómico de tapas que se celebra en Compostela cada novembro volve un ano máis. Este ano é xa a súa novena edición que chega con boas previsións e algunha novidade.

Co interese posto por parte do Concello de Santiago en rematar coa estacionalidade da cidade, e apoiados pola Asociación Hostelería Compostela, esperan reafirmar a imaxe da cidade como destino de calidade.

Entre as oito anteriores edicións, o Santiago(é)Tapas xa vendeu máis de 245.000 tapas. De feito, o pasado ano chegouse ás 31.000. Este ano, espéranse acadar unhas cifras semellantes senón maiores. Ademais, coma xa sucedera anteriormente, a denominación de orixe galega estará presente nos platos presentados.

Cartel IX edición Santiago(é)Tapas


Así, dende o 17 de novembro ata o 4 de decembro, poderase degustar en Compostela gran cantidade de tapas ao longo de diversas rutas, contando con, aproximadamente, 65 locais participantes. Estes teñen tempo para inscribírense ata o 29 de outubro.

En colaboración coa organización do Santiago(é)Tapas está a organización do festival de cine Cineuropa, que comezará a súa 30ª edición o 8 de novembro e durará ata o 27 do mesmo mes. Por tanto, ao coincidiren varios días, tentarase acadar unha sinerxia cultural que beneficie a ambos plans culturais.

Unha das maneiras deseñada para a citada sinerxia é o novo premio do concurso de tapas: premio "Santiago(é)Cine 2016". Será outorgado a aquela tapa que polo título que teña, a técnica, os produtos ou a elaboración, estea relacionada co mundo do cine. Ademais, o premio do público vai recobrar importancia, probablemente representando a Santiago nos posteriores concursos. E aínda quedan moitos premios por pechar.

Germán González (Asociación Hostelería Compostela)
e Marta Lois (concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo)
© Silvia Iglesia



O ano 2016 está dando bos datos en relación ao turismo. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, afirmou que o presente "é un bo ano" e que "estamos desestacionalizando Compostela", polo que se agarda seguir nesta liña e rematar o ano con grandes resultados.