“Unha biblioteca é moito máis que un lugar onde ler
libros” F. Xavier Redondo, bibliotecario da USC
Pablo Casas | Santiago de Compostela
Con motivo do Día Internacional das Bibliotecas, que se conmemora o día 24 de Outubro, realizouse un coloquio no Ateneo de Santiago. A conferencia foi impartida polo bibliotecario Francisco Xavier Redondo Aval, e denominouse “Bibliotecas e bibliotecarios na memoria da esperanza”
Con motivo do Día Internacional das Bibliotecas, que se conmemora o día 24 de Outubro, realizouse un coloquio no Ateneo de Santiago. A conferencia foi impartida polo bibliotecario Francisco Xavier Redondo Aval, e denominouse “Bibliotecas e bibliotecarios na memoria da esperanza”
Foto: Carmen Fernández/ Agora
Redondo, autor
de Bibliotecarias
e bibliotecarios infames , entre moitos outras obras, referiuse a
importancia histórica das bibliotecas coma garantes da educación e do
coñecemento. Tamén destacou a labor dos bibliotecarios, que actúan de
servidores da sociedade e da cultura e reivindicou o seu oficio.
O bibliotecario da USC, que
traballa asemade de investigador, fixo un percorrido pola historia de España
explicando a influencia que nela tiveron
as bibliotecas, as que comparou cas escolas na II República, xa que ambas serviron para superar o analfabetismo
predominante na poboación. Redondo manifestou a súa repulsa a teoría de que na
guerra civil houbo a mesma responsabilidade por parte dos dous bandos, e que
resulta “absurdo negar os crimes e
a represión tras a Guerra Civil”. Por
último Redondo fixo referencia o asasinato de bibliotecarios en Madrid durante
o No Pasarán.
A actividade
encádrase nos “Luns do Ateneo”, día adicado á cultura nas que se ofrecen conferencias de diversas
materias no local compostelán. O acontecemento atraeu a numeroso público que
encheu o auditorio do Ateneo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario