Redacción|Santiago
de Compostela
Os
concelleiros de Educación e Comercio, Manuel Dios e Marta Lois, acaban de
presentar un programa para o rexurdimento da tradición do día dos mortos en
Compostela. Está programada unha conferencia o día 18 de outubro, destinada a
centros escolares e asociación culturais a cargo de Rafael López baixo o título
“Do Samaín ao Hallomain”.
Do mesmo xeito, dende o Concello impúlsanse charlas e
obradoiros para centros escolares e socioculturais que comprende dende o día 11
ata o 29. A partires do 25, terá lugar o concurso de escaparatismo destinado a
todos os comercios que queiran participar e lle dean pulo á tradición do
Samaín, con tres premios a aqueles con mellor decorados orixinais. Os
establecementos que desexen participar deberán permanecer iluminados ate as
23:00 e valorarase a ambientación, aproveitamento de recursos propios e a
exposición do produto. Para optar ó premio, os escaparates presentados
manteranse ata o 2 de novembro cando menos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario