lunes, 24 de octubre de 2016

O Concello habilitará novas zonas de aparcamento para residentes da cidade vella








Redacción | Santiago de Compostela

O Concello de Santiago vai a por en marcha tres novas bolsas de aparcamento para residentes na cidade vella. A partir do 24 de outubro, os veciños das rúas Carretas, Hortas, Trindade, Raxoi e dos números 2,4 e 6 da rúa San Clemente poderán solicitar as súas tarxetas de acceso.

Deste xeito, segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, daráselle resposta a unha demanda histórica dos colectivos veciñais. O trámite realízase nas oficinas do Departamento de Tráfico e constitúe un dos pasos previos para a posta en funcionamento de tres novas áreas de aparcamento para os que residan na zona vella. Estas novas zonas verdes que se están a sinalizar, sumarán un total de 92 prazas. En concreto, haberá 33 en Costa Vella (dúas delas para persoas con mobilidade reducida), 21 na Algalia de Abaixo, e 38 en San Clemente (unha delas para persoas con mobilidade reducida)-.


Para facilitar a xestión das novas bolsas de aparcamento de residentes na cidade histórica, tamén se modificará o horario do réxime curta duración da ORA na Praza da Algalia de Abaixo, que pasará a ser de réxime.   


No hay comentarios:

Publicar un comentario